Grupos gallegos

Zeltia Irevire é un trío de música que toca a histora que empurra o vento. “Facemos o que chamamos Folk Tribal, misturamos a dor do Blues, o rir da foliada e o ir e vire do folk atlántico.”

Este trío teñe unha formación peculiar: Ao bodhram está Migui Carballido de O Carballiño, combina unha rítmica combativa coa sensibilidade de cada composición ata chegar a unha actualidade máis moderna coa electrónica doutras percusións.

Ao violín e o moog está Cibrán Seixo Pazos, nado en Cuntis. Recolle o significado de cada letra, melodía modulando e multiplicando a sonoridade do seu instrumento.

Á voz e a guitarra acústica apoiándose en efectos electrónicos está Zeltia Acuña, nada no Morrazo. É a compositora e o fío conductor deste proxecto.

Tras anos de experiencia no underground galego, facendo sinerxia con diferentes asociacións culturais, ecoloxistas e feministas e despois de pasar por festivais como o: Milloverde, Revenidas, Fisterra Blues, Festival Terraceo, EidosFest, Festas de María Pita, Festas de San Froilán ou o GalegoteRock entre outros. Están traballando na conclusión do seu primeiro disco LP “Vacaloura”. Cun son máis contundente de banda, xogando cos sons da natureza e coa personalidade das artistas locais e doutras partes do mundo que colaboran neste disco.

En definitiva a súa música quere ser ese alento de forza para toda esa xente que loita por un mundo mellor, máis xusto. Co seu andar, agardan saber dar valor á riqueza natural da súa terra e da historia das súas xentes.

Para más información y contratación escribe a: booking@galiciaenconcierto.com 

 

Enlace a redes sociales: