
Enxeito defínese por unha sonoridade única en galego con letras de rap optimistas mesturadas con música funk e soul, coa intención de provocar o baile, a diversión e a reflexión. Como referencias e influencias do son de Enxeito pódense citar varias bandas como The poets of rhythm, Expensive soul, Monophonics, Galegoz, NWA, Curtis Mayfield, The impressions, The Isley brothers, The main squeeze, Rage against the machine…
En 2014 as ideas e conceptos musicais de David Liñeira e Óscar Sobrado comezaron a coller forma de cancións gravadas culminando coa edición dun primeiro traballo de 8 temas en 2016. Este traballo deu un pulo á creatividade e comezou un proceso de composición de novos temas que culminou na formación dunha banda en 2018, Enxeito comezou entón a tocar en directo por diferentes espazos e festivais.
Toda esta evolución reflexouse na gravación de Superfunk, editado en 2020. Este traballo tivo unha grande acollida tanto por parte do público, aínda coas dificultades da pandemia, como polos profesionais do sector, chegando con el a acadar varios recoñecementos: gañadores do concurso de bandas do festival 13 Roeis; nominados aos Premios Martín Codax da música en 2021; finalistas do certame a nivel estatal EDP Live Bands; finalistas do concurso Rock in rio Tea; seleccionados para o festival Alcalá suena; seleccionados para o Xuventude crea…
Despois da edición de varios singles e videoclips encadrados nunha época de transición a unha nova etapa, a banda prepara a edición de un EP pra este ano 2023, do que lanzarán un adianto nas próximas semanas en formato single e videoclip.
Para más información y contratación escribe a: booking@galiciaenconcierto.com
Ir a Instagram
Ir a Twitter
Ir a Facebook
Ir a YouTube
Ir a Spotify
Ir a Bandcamp
Ir a Amazon Music