Conciertos sala Capitol de Santiago

Crónica: @lachicaindiecool

A noite na Capitol tiña cheiro a festa comarcal e futuro coa banda que abriu a noite Ulex: rock en galego, monos azuis, suor e orgullo xeracional, unha banda prometedora, presente e futuro da música galega, cos pés na terra e a cabeza moi arriba.

Ás 22.15 arrincou Familia Caamagno  presentando “Disco Comarcal” o novo álbum que celebra os quince anos da banda sobre os escenarios.

Os de Sigüeiro avisaban que habería sorpresas. A primeira foi Ale González, membro d`A Orquestra do Quince, que apareceu co sintetizador para vestir de épica electrónica O día que  Fraga finou”. Logo chegou “Xa sei quen dis”, cunha tintura romántico-pop galego que baixou pulsacións sen perder intensidade.

Entre o rock e o power pop, os de Sigüeiro deron a coñecer os novos temas, e o escenario encheuse cos ventos de María, Miranda e Martiño, tamén d`A Orquestra do 15.

Non faltaron os clásicos para bailar “O ritmo da caverna” e de meterse no lado máis garaxe en “Fóra de control”.

Un percorrido pola música disco, con moita retranca e unha viaxe de volta ós anos 80 e 90, a ritmo ye-yé, entre riffs guitarreiros, cachis e gorros voando polo aire.

Imprescindibles deste “Disco Comarcal”, “Bomba de calor”, a melancolía presente en “Antigos astronautas” e outro dos clásicos “1996” a cervexa polo aire e a muñecada entregada.

 “Isto é un soño, amigos” esa frase quedou flotando na sala, acompañada dos agradecementos ó equipo técnico: Xurxo ao son, Dani nas luces, Sergio, Aldara, Lucía Pita, e Miguel no merchandising.  

A cousa rematou como tiña que rematar cunha GRAN VERBENA, lembrando a Juan Pardo coa canción “Xuntos” coreada por todos os alí presentes, que sonou a abrazo colectivo.

A noite continuaba na sala Riquela coas marabillosas Pídechas o corpo.