Crónica: @lachicaindiecool
No marco da celebración do Festigual: Festival pola Diversidade das Artes e da inclusión da Coruña, no seu X aniversario, un festival que aposta pola inclusión e a eliminación de barreiras, onde a presenza feminina tivo un papel fundamental onte xoves, nuns concertos presentados por Leti da Taberna e Corina Afonso, e acompañado en todo momento por intérpretes de linguaxe de signos.
A marabillosa Uxía acompañada pola arpista Bleuenn Le Friec, interpretaron 3 temas inspirados na obra de Begoña Caamaño “Circe e Penélope”, “O teu nome é bandeira” ademais dunha canción dedicada a todas as mulleres vencelladas ó mar “Vivo na mar”.
A sensibilidade fíxose presente da man da voz de Guadi Galego acompañada á guitarra por Guille Fernández, con forza e positividade,interpretaron temas como “Matriarcas” e “Chea de vida” entre outros.
Chegou o momento da banda máis diversa e heteroxénea, chegados dende Vigo, Chungo Pastel, levantaron ó público presente, co seu espírito rockeiro.
Entre os temas que soaron “Musgo” que tocaron noutra edición con Fillas de Cassandra, e o baterista da formación, leu una fermosa carta dedicada ás mulleres da súa vida.
Por último, chegaron as compoñentes da Banda da Loba, para contaxiarnos co seu espírito rebelde e as súas letras comprometidas, interpretando “Tribo”, bailando a ritmo de bachata, e trouxeron luz coa súa” Fábrica de luz”.
Música, teatro, arte, cinema, humor, artes visuais, e danza conforman o Festigual 2026, do 4 ao 19 de novembro, na Coruña.














